PESCADEIROS E MARCAS

VOLVE O INICIO

 

 

VAMOS A POÑER ALGUNHAS MARCAS PARA PESCAR NA NOSA RIA

 

MAIS OU MENOS AS MARCAS FORON SACADAS ASI

ALGUNHAS DELAS DOUMAS MEU PAI ANTON DE CHAVARRIA

 

1º A DE CHIQUILIN:

Ten o sur da lobeira pequena a farola do morruas

e unha pedra soa do porto de baixo da lobeira grande as casas de arriba de sardiñeiro

 

2ºPescadeiro moi bono porto de baixo da lobeira grande:

A farola de cee a pedra de casais na lobeira grande

e opeton da vela da lobeira grande a farola do morruas

 

3º A toxa:

a tetuda no porto de arriba da lobeira grande o muelle da lobeira

e o corrumeiro vello a casa do roquiño.

 

4º Para pescar xarretas baixo de panches:

as casas mais de leste de gures a fora do portiño de quilmas e levando esa linea pescase moito.

 

5º Sin nome:

faro da lobeira grande o prado da costa (esta por enriva da pisci factoria)

e o corrumeiro novo a gamboa (on rio que esta baixo do castelo da ameixenda)

 

6º Baixo do medio:

o forcado de lira as casas de rama en sofan

e o corrumeiro vello a lombo de boi (pedra por fora da lobeira pequena)

 

7º O axeiro

O corrumeiro vello a sagrelo na punta de caneliñas

e o pituiño do merdeiro o cabo de fisterra

 

bueno si sabes algunha mais mandama e poñereina eiqui gracias xa: alobeiraopindo@yahoo.es